Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2026

SEE YOU SOON, HAN!

Imaxe
 O 26 de maio foi o último día de Han, a auxiliar de conversa. Agasallámola cunha tarxeta que enchemos con frases de agradecemento polo seu traballo e bos desexos para o futuro.

CIRCE´S FURRIES.

Imaxe
  Seguro que oístedes falar dos "therians" e dos "furries".  Non vos soa?  Botádelle unha ollada a este vídeo. Therian vs Furry — What's the Difference? https://youtube.com/shorts/bL-a9rIFkSQ?si=ND-hrb6n_uPG_yft Sobre estes dous conceptos aprendeu o alumnado de 5ºe 6º, centrándose nos furries , esa comunidade social unida polo interese polos animais antropomórficos -ou animais personificados-aos que lles atribúen características e cualidades das persoas. Begoña Caamaño ,  a  escritora homenaxeada este ano no Día Das Letras Galegas , ten unha obra titulada  "Circe ou o pracer do azul" . Nela, presenta unha versión diferente da Circe da Odisea: non é soamente unha poderosa feiticeira capaz de transformar a persoas en animais, senón que tamén é unha muller que busca a súa propia liberdade e descubrir quen é  realmente. Pareceunos interesante combinar ambos os dous temas, así que levamos a cabo unha activ...

EXPLORING NORTH CAROLINA

Han repasou os símbolos máis significativos de North Carolina realizando diferentes xogos e actividades co alumnado de Infantil e Primaria.

WORLD BULLYING DAY.

Imaxe
  O 2 de maio celebrouse o Día Mundial contra o Acoso. Na materia de Inglés vimos o vídeo  "Be an Upstander - Prevent Bullying: A NED Short." Esta curta amosa catro maneiras nas que o alumnado pode actuar como defensor/a (en vez de simple espectador/a) cando vexa situacións de acoso: Ser amigo/a e apoiar á víctima. Interromper á persoa acosadora. Expresar que o acoso é unha acción malvada e prexudicial. Contarlle a unha persoa adulta o que está a pasar.                                     https://youtu.be/eeqQCyQOCPg?si=tPntHFW7Fji5WSwK

ARTS AND CRAFTS:TEXTURES.

Imaxe
         As nenas e nenos de 3º e 4º de Primaria aprendeu os nomes dalgunhas texturas en Inglés usando elementos naturais no patio.                                    HARD          FLUFFY          POINTY          SLIMY          ROUGH