WORLD BULLYING DAY.
O 2 de maio celebrouse o Día Mundial contra o Acoso.
Na materia de Inglés vimos o vídeo "Be an Upstander - Prevent Bullying: A NED Short."
Esta curta amosa catro maneiras nas que o alumnado pode actuar como defensor/a (en vez de simple espectador/a) cando vexa situacións de acoso:
- Ser amigo/a e apoiar á víctima.
- Interromper á persoa acosadora.
- Expresar que o acoso é unha acción malvada e prexudicial.
- Contarlle a unha persoa adulta o que está a pasar.

Comentarios
Publicar un comentario