CIRCE´S FURRIES.

 Seguro que oístedes falar dos "therians" e dos "furries". 

Non vos soa? Botádelle unha ollada a este vídeo.

Therian vs Furry — What's the Difference?

https://youtube.com/shorts/bL-a9rIFkSQ?si=ND-hrb6n_uPG_yft

Sobre estes dous conceptos aprendeu o alumnado de 5ºe 6º, centrándose nos furries, esa comunidade social unida polo interese polos animais antropomórficos -ou animais personificados-aos que lles atribúen características e cualidades das persoas.

Begoña Caamañoescritora homenaxeada este ano no Día Das Letras Galegas, ten unha obra titulada "Circe ou o pracer do azul". Nela, presenta unha versión diferente da Circe da Odisea: non é soamente unha poderosa feiticeira capaz de transformar a persoas en animais, senón que tamén é unha muller que busca a súa propia liberdade e descubrir quen é  realmente.

Pareceunos interesante combinar ambos os dous temas, así que levamos a cabo unha actividade na que  cada nena e neno escolleu un animal, un superpoder e un trazo de carácter. Logo, coa axuda da IA, xeramos  imaxes de mulleres mesturadas con eses animais, inspiradas no estilo de  Circe. 



Comentarios

Publicacións populares deste blog

HAPPY SUMMER HOLIDAYS!

SEE YOU SOON, ELLA!