Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2026

ARTS&CRAFTS: EASY BRAIDED T-SHIRT DOG TOY.

Imaxe
Non sabedes que facer coas camisetas vellas?  O alumnado de 3º e 4º usou algunhas para elaborar un sinxelo mordedor para cans.

APADRIÑAMENTOS LECTORES.

Imaxe
  N os apadriñamentos lectores  de abril,  catro voluntarias e voluntarios de 5º e 6º escolleron estes libros en Inglés: Se vos apetece levalos para a casa, podedes collelos prestados na biblioteca.

BOOK WEEK.ILLUSTRATORS.

Imaxe
 Este ano conmemoramos o Día do Libro fixándonos nas ilustradoras e ilustradores, esas persoas que -cos seus marabillosos debuxos- nos axudan a facernos unha mellor idea da apariencia dos personaxes e lugares dos libros. Dende a biblioteca, propúxose que o alumnado  debuxase o que lle inspirasen oracións sinxelas propostas polo profesorado. Na materia de Inglés, escollemos breves conxuntos de palabras extraídos de libros de ilustradores vietnamitas e de Carolina do Norte, en honor a Han, a nosa auxiliar de conversa.

LEARNING ABOUT PETS WITH A SPECIAL VISIT

Imaxe
N o curso de 1º de Educación Primaria, na materia de inglés, estamos a aprender sobre as mascotas e vivimos un momento moi especial coa visita dun gato: Chusco. Coa axuda do xogo “How to speak cat”, o alumnado aprendeu como os gatos se expresan a través das súas posturas e puido observar en directo as que realizaba Chusco. Ademais, tamén traballamos o cubismo, partindo da silueta de Chusco. A través desta actividade, o alumnado comprendeu que o cubismo é un movemento artístico que se caracteriza polo emprego de formas xeométricas e pola fragmentación de imaxes, entre outras particularidades. Deste xeito, experimentaron unha maneira diferente de representar a realidade, fomentando así a súa creatividade e expresión artística.

DIGICRAFT:AUTOMATIZACIÓN E ROBÓTICA.DOMOTIZÓN 380K

As nenas e nenos de 5º e 6º axudaron a unha piloto a domotizar a súa nave espacial.   Soamente houbo un problema:as instrucións do kit estaban nun idioma alieníxena; non quedou outra que poñerse a traballar en grupos para traducir o manual e montar e probar o kit.