Publicacións

HAPPY SUMMER HOLIDAYS!

Imaxe
Por fin de vacacións! Desfrutade moito!  E se queredes repasar English dunha maneira divertida, aquí van unhas ligazóns interesantes para todas as idades: CARTOONS (Debuxos animados) https://breakintoenglish.com/es/aprender-ingles/los-10-mejores-dibujos-animados-en-ingles-para-ninos/ https://breakintoenglish.com/es/aprender-ingles/las-15-mejores-series-britanicas-de-netflix-para-ninos-de-8-a-10-anos/ SONGS (Cancións) https://teflhandbook.com/blog/esl-teaching-resources/songs-teaching-english-kids/ https://www.youtube.com/@ELTSongs   https://www.soundpopacademy.co.uk/top-pop-songs-for-kids-to-sing/ AUDIOBOOKS (Audiolibros) https://www.storyberries.com/storyberries-bedtime-radio/#age0- 3 https://www.storynory.com/ GA MES (Xogos) https://learnenglishkids.britishcouncil.org/fun- games/games https://www.gamestolearnenglish.com/ PRINTABLE WORD SEARCH PUZZLES    (Sopas de letras e encrucillados para imprimir) https://www.puzzles-to-print.com/printable-word-search/index.sht...

ETWINNING PROJECT IDEA: "Exploring Animals Through Languages & Creativity!"

Imaxe
eTwinning é unha comunidade para escolas, un espazo en liña onde colexios de toda Europa poden colaborar e traballar xuntos en diversos proxectos, usando unha plataforma gratuíta e segura. Este curso deseñamos unha idea de proxecto e publicámola na "European School Education Platform" para ver como funcionaba. Combina a lingua inglesa e a Plástica. O seu obxectivo sería que o alumnado explorase animais de todo o mundo, crease obras de arte inspiradas neles e colaborase con compañeiros e compañeiras doutros países para desenvolver  habilidades comunicativas, dixitais, culturais e artísticas. Esta idea vai dirixida a alumnado de 9 a 13 anos. Non houbo tempo a desenvolvela, pero si contactaron docentes estranxeiros e españois interesados nela. O próximo curso crearemos un novo proxecto para participar de cheo nesta motivadora experiencia. https://school-education.ec.europa.eu/en/my-dashboard  

ARTS&CRAFTS:SNUFFLE MAT DOG.

Imaxe
  As alfombras olfactivas para cans son moi sinxelas de facer. O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria atreveuse a crear unha usando unha alfombra de baño e tiras cortadas de camisetas vellas. Estas alfombras axudan aos cans a reducir o estrés, a ansiedade e o medo. Tamén favorecen a calma e a concentración e cánsanos mentalmente. E, por suposto, son unha fonte de diversión para eles. Unha vez rematada, hai que esconder premios ou comida entre as tiras para que o can os atope usando o olfacto.  

WELCOME TO THE "GRANDBUGONTE HOTEL".BY 3RD&4TH GRADES.

  As nenas e nenos de 3º e 4º e Primaria trouxeron moitísimos materiais naturais para construír un gran hotel de bechos. Velaí o proceso.

ARTS&CRAFTS:" I CONCURSO O MEU AVÓ/A MIÑA AVOA.

Imaxe
 Dende o Centro de Dia de Baamonde, propuxéronnos participar no "I Concurso o meu avó/ a miña avoa". O alumnado amosouse entusiasmado coa idea e debuxaron retratos dos seus avós e avoas. Na categoría de 10 a 12 anos, gañou Yasmina, alumna de 6º de Educación Primaria. O venres 12 de xuño foi a entrega de premios e as e os gañadores das tres categorías recibiron varios agasallos. Os máis especiais, sen dúbida, foron os realizados a man polas persoas usuarias do Centro de Día. Dende o noso colexio, queremos expresar o noso enorme agradecemento a todas as persoas desta entidade que fixeron posible esta experiencia. Congrats, Yasmi!

BUGS HOTEL 2º

  O alumnado de  2º de Primaria explica os pasos que seguiron para construír un hotel de bechos respectuoso co medio ambiente.

SEE YOU SOON, HAN!

Imaxe
 O 26 de maio foi o último día de Han, a auxiliar de conversa. Agasallámola cunha tarxeta que enchemos con frases de agradecemento polo seu traballo e bos desexos para o futuro.