ETWINNING PROJECT IDEA: "Exploring Animals Through Languages & Creativity!"
eTwinning é unha comunidade para escolas, un espazo en liña onde colexios de toda Europa poden colaborar e traballar xuntos en diversos proxectos, usando unha plataforma gratuíta e segura.
Este curso deseñamos unha idea de proxecto e publicámola na "European School Education Platform" para ver como funcionaba. Combina a lingua inglesa e a Plástica. O seu obxectivo sería que o alumnado explorase animais de todo o mundo, crease obras de arte inspiradas neles e colaborase con compañeiros e compañeiras doutros países para desenvolver habilidades comunicativas, dixitais, culturais e artísticas.
Esta idea vai dirixida a alumnado de 9 a 13 anos. Non houbo tempo a desenvolvela, pero si contactaron docentes estranxeiros e españois interesados nela.
O próximo curso crearemos un novo proxecto para participar de cheo nesta motivadora experiencia.


Comentarios
Publicar un comentario