ARTS&CRAFTS:SNUFFLE MAT DOG.
As alfombras olfactivas para cans son moi sinxelas de facer. O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria atreveuse a crear unha usando unha alfombra de baño e tiras cortadas de camisetas vellas.
Estas alfombras axudan aos cans a reducir o estrés, a ansiedade e o medo. Tamén favorecen a calma e a concentración e cánsanos mentalmente. E, por suposto, son unha fonte de diversión para eles.
Unha vez rematada, hai que esconder premios ou comida entre as tiras para que o can os atope usando o olfacto.


Comentarios
Publicar un comentario