TIM FLACH´S EXHIBITION.SEDE AFUNDACIÓN FERROL.

O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria, achegouse ata a Sede Afundación de Ferrol para visitar a exposición "EMOCIONS EN PERIGO", do recoñecido fotógrafo británico Tim FlachUnha abraiante colección de imaxes sobre animais cun enfoque alternativo: a emocionalidade.

A través dunha selección de 45 retratos de animais en perigo de extinción -fotografiados como nunca antes se viran- Flach  trata de «conectar ás persoas coa natureza».A clave é fomentar a empatía cos retratados, dándolle importancia ás súas emocións.       

Cada retrato está acompañado por unha ficha informativa elaborada pola maior organización medioambiental do mundo, a UICN (Unión Internacional para a Conservación da Natureza).Dita información sinala o nivel de risco de extinción no que se atopa esa especie segundo a lista vermella desta organización. Ademais do nome científico e da zona xeográfica á que pertence cada animal, os retratos están acompañados dun texto explicativo sobre a súa especie.



Podedes ver a entrevista a Tim Flach en AfundacionTV.







Comentarios

Publicacións populares deste blog

OUTDOOR PE/ EF NA RÚA.