LUNAR NEW YEAR.YEAR OF THE HORSE.

 O Martes de Entroido é unha das xornadas máis festivas do calendario galego.Curiosamente, este ano, coincidiu no calendario coa celebración do Ano Novo Lunar, que en países como Vietnam, China ou Corea do Sur marca o comezo dun novo ciclo segundo o calendario lunar.

Xa que Han -a nosa auxiliar de conversa- naceu en Vietnam, pedímoslle que nos explicase tradicións e costumes relacionadas con esta importantísima data. 

As familias xúntanse para cear, limpar a casa antes da chegada do novo ano e decorar as vivendas con cores vermellas e símbolos de boa sorte. Tamén é habitual regalar sobres con diñeiro aos nenos como desexo de prosperidade.


O que máis nos sorprendeu foi un alimento moi especial que soamente se come ese día debido á dificultade que implica a súa preparación.Podedes velo neste vídeo.


 Como complemento, o alumnado elaborou diferentes versións do nó da sorteque representa a boa fortuna, a prosperidade e os bos desexos para o novo ano. Os traballos finais usáronse para compoñer un mural cheo de colorido.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

AN AMERICAN CANTAREIRA