EUROPEAN DAY OF LANGUAGES 2025.
Cada 26 de setembro celébrase o Día Europeo das Linguas.
Supón unha magnífica oportunidade para achar novos idiomas e valorar a importancia do plurilingüísmo.
Este ano é o 25º aniversario e escolleuse como lema: Languages open hearts and minds!
O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria identificou, a través dun xogo e traballando en equipo, como escribir "Fálame! en nada menos que 39 linguas.
Tamén se atreveu a usar a linguaxe de signos internacional combinada coa lingua inglesa para expresar o nome dunha celebración tan importante.




Comentarios
Publicar un comentario