Para preparar a visita a unha exposición sobre arte pop, as nenas e nenos de 2º de Primaria visitaron a páxina web da Tate Gallery.Nela crearon as súas propias obras online.
O alumnado de Primaria visitou a exposición «Goya-Hellboy. Unha iconografía de monstros por Stéphane Levallois» en Santiago de Compostela. Tamén tiveron a oportunidade de crear os seus propios monstros.
Para celebrar o "Día da Educación Física na Rúa", preparamos unha actividade bilingüe de "Iniciación ao béisbol" nas instalacións do Club Fluvial de Begonte. Convidamos a participar ao alumnado e profesorado do CEIP Plurilingüe Santo Estevo de Parga, centro co que compartimos auxiliar de conversa. Contamos coa colaboración altruísta de Suso Pedreira, do "Lume Béisbol Club" de Lugo. Moitas grazas a tod@s!
Comentarios
Publicar un comentario