Publicacións

OUTDOOR PE/ EF NA RÚA.

Imaxe
  Para celebrar o "Día da Educación Física na Rúa", preparamos unha actividade bilingüe de "Iniciación ao béisbol" nas instalacións do Club Fluvial de Begonte. Convidamos a participar ao alumnado e profesorado do CEIP Plurilingüe Santo Estevo de Parga, centro co que compartimos auxiliar de conversa. Contamos coa colaboración altruísta de Suso Pedreira, do "Lume Béisbol Club" de Lugo. Moitas grazas a tod@s!

EASTER EGG HUNT

Imaxe
 O coelliño de Pascua pasou polo cole e deixounos varias pistas para buscar os ovos. Atopámolos todos!

HOLI

Imaxe
Celebramos a chegada da primavera coa segunda edición de "Holi" ou "Festival das Cores". Lembraredes que é unha das celebracións máis importantes da cultura india. Tivemos que retrasala uns días polas chuvias pero mereceu a pena. https://drive.google.com/file/d/1M5DszqN0AP8uMMZ0ZRbV3ecU9Q8Lx-W4/view?usp=drive_link

POETRY DAY

Imaxe
  Dende a materia de Lingua Inglesa, un grupo de voluntarias e voluntarios de 5º e 6º escribiron e leron uns poemas que logo colgaron no "Tendal da Poesía" proposto polo Equipo de Dinamización Lingüística. https://youtube.com/shorts/3EA2U9DVIkA?feature=share

ARTS AND CRAFTS:DIGICRAFT ADVENTURES. Activity 4:Solving the mystery.

Imaxe
Nesta actividade, o alumnado de 3º e 4º de EP aprendeu a utilizar un chatbot para obter información e pistas, co obxecto de averiguar a identidade dunha famosa inventora.  

ARTS AND CRAFTS: Digicraft Adventures:Activity 3.Is it a bird? Is it a plane?

Imaxe
  As nenas e nenos de 3º e 4º de Educación Primaria empregan unha aplicación de intelixencia artificial  entrenada para recoñecer debuxos creados por elas e eles.

PRESS WEEK

Imaxe
  Na semana da Prensa, Ella amosounos xornais de Michigan, analizamos as súas seccións e lembramos como redactar unha noticia.