Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2026

LUNAR NEW YEAR.YEAR OF THE HORSE.

Imaxe
  O M artes de Entroido é unha das xornadas máis festivas do calendario galego.Curiosamente, este ano, coincidiu no calendario coa celebración do Ano Novo Lunar , que en países como Vietnam , China ou Corea do Sur marca o comezo dun novo ciclo segundo o calendario lunar. Xa que Han -a nosa auxiliar de conversa- naceu en Vietnam, pedímoslle que nos explicase tradicións e costumes relacionadas con esta importantísima data.  As familias xúntanse para cear, limpar a casa antes da chegada do novo ano e decorar as vivendas con cores vermellas e símbolos de boa sorte. Tamén é habitual regalar sobres con diñeiro aos nenos como desexo de prosperidade. O que máis nos sorprendeu foi un alimento moi especial que soamente se come ese día debido á dificultade que implica a súa preparación.Podedes velo neste vídeo. https://youtu.be/5TVdbr6QX8E?si=FfWjS-gaajWRMYPL   Como complemento, o alumnado elaborou diferentes versións do  nó da sorte ,  que representa a boa fortuna, a p...

AVENTURA DIGICRAFT: DIGITAL WELL-BEING.3.DO THEY HOOK YOU OR HELP YOU? IDENTIFYING DIGITAL TRICKS.

Imaxe
Este curso seguimos coas Aventuras Digicraft . Desta volta, o alumnado de 5º e 6º está aprendendo sobre benestar dixital. A actividade "¿Enganchan o ayudan? Identificando trucos digitales" ensinoulles como diferenciar aplicacións adictivas de aplicacións que axudan a non pasar tempo de máis diante das pantallas. Grazas ao traballo realizado, termos como scroll  infinito,badges,nudges e outros,   xa son ben coñecidos polo alumnado.  

TIM FLACH´S EXHIBITION.SEDE AFUNDACIÓN FERROL.

Imaxe
O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria, achegouse ata a  Sede Afundación de Ferrol  para visitar  a exposición " EMOCIONS EN PERIGO" , do   recoñecido fotógrafo británico   Tim Flach .  Unha abraiante colección de imaxes sobre animais cun enfoque alternativo: a emocionalidade. A través dunha selección  de 45 retratos de animais en perigo de extinción -fotografiados como nunca antes se viran-  Flach  trata de «conectar ás persoas coa natureza».A  clave é fomentar a empatía cos retratados, dándolle importancia ás súas emocións.         Cada retrato está acompañado por unha ficha informativa elaborada pola maior organización medioambiental do mundo, a UICN (Unión Internacional para a Conservación da Natureza).Dita información sinala o nivel de risco de extinción no que se atopa esa especie segundo a lista vermella desta organización. Ademais do nome científico e da zona xeográfica...