THANKSGIVING DAY.
Han falounos da orixe dunha celebración importantísima nos Estados Unidos: Thanksgiving Day. Tamén nos contou que no seu estado, North Carolina, ese día fan unha carreira na que participa moita xente con disfraces de pavo, o prato principal da cea dese día. Para rematar, escribimos e debuxamos cousas polas que estamos agradecidos e fixemos un concurso de preguntas.