Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2025

ARTS AND CRAFTS: Digicraft Adventures.Activity 6. The Vigilachat.

Imaxe
A última actividade deste proxecto serve a nenas e nenos de 3º e 4º de Primaria para detectar se, ao comunicarse en Internet, están expoñendo demasiados datos persoais.

SEE YOU SOON, ELLA!

Imaxe
  Remata maio e temos que despedir a Ella, a nosa auxiliar de conversa "michiganiana". Moitas grazas por axudarnos a mellorar o noso Inglés oral e por compartir tantos cachiños da túa cultura connosco. Desexámosche o mellor e esperamos verte axiña!

INTERVIEWING ELLA

Imaxe
  Unha das actividades que fixemos para despedir a Ella foi unha entrevista en Radio Corpiño. O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria preguntoulle sobre a súa experiencia como auxiliar de conversa en Galicia. Agradecémoslle a Álvaro a súa axuda coa parte técnica. Podedes escoitala aquí. https://go.ivoox.com/rf/148621186

"CUCO DE MAIO" VS "BURY ME BENEATH THE WILLOW".

Imaxe
O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria comparou a estrutura dunha copla tradicional galega coa da interpretada por Dolly Parton. Representaron as súas similitudes e diferenzas nun diagrama de Venn coa axuda de Ella. Para practicar o vocabulario, resolveron un sinxelo crebacabezas.                                           https://learningapps.org/display?v=p3ygoui0n25  

AN AMERICAN CANTAREIRA

Imaxe
  Xa sabedes que o "Día das Letras Galegas" está adicado ás cantareiras, esas mulleres que cantan coplas, ou sexa, cantigas populares. Pero non soamente hai cantareiras en Galicia; tamén están presentes noutros lugares do mundo. Da man de Ella, coñecemos a unha famosa cantareira(folksinger) estadounidense : Dolly Parton.                                                                                                                       https://kids.kiddle.co/Dolly_Parton Escoitade esta fermosa cantiga interpretada por Dolly Parton acompañada doutras dúas estupendas voces femininas.               https://youtu.be/yn55-xvyBh0?feature=shared

ARTS AND CRAFTS: Digicraft Adventures. Activity 5.Training an AI.

Imaxe
  Esta actividade axuda ao alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria a comprender como funciona unha intelixencia artificial e ensinalles a entrenala para que recoñeza debuxos de gatos e mazás.

ARTS&CRAFTS:ORIGAMI PETS.

Imaxe
  As nenas e nenos de 1º de Educación Primaria empregaron a técnica xaponesa de dobrado de papel (origami) para crear simpáticas mascotas.

ANTI-BULLYING WEEK:CHOOSE RESPECT.

Imaxe
               Na semana contra o acoso escolar ou "bullying", podedes ver este  vídeo e averiguaredes  que existen opcións mellores que causar sufrimento a outras persoas. https://youtu.be/UmI5hbQTIUw?si=sP48meyK9Sgs7-OF