Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2025

OUTDOOR PE/ EF NA RÚA.

Imaxe
  Para celebrar o "Día da Educación Física na Rúa", preparamos unha actividade bilingüe de "Iniciación ao béisbol" nas instalacións do Club Fluvial de Begonte. Convidamos a participar ao alumnado e profesorado do CEIP Plurilingüe Santo Estevo de Parga, centro co que compartimos auxiliar de conversa. Contamos coa colaboración altruísta de Suso Pedreira, do "Lume Béisbol Club" de Lugo. Moitas grazas a tod@s!

EASTER EGG HUNT

Imaxe
 O coelliño de Pascua pasou polo cole e deixounos varias pistas para buscar os ovos. Atopámolos todos!

HOLI

Imaxe
Celebramos a chegada da primavera coa segunda edición de "Holi" ou "Festival das Cores". Lembraredes que é unha das celebracións máis importantes da cultura india. Tivemos que retrasala uns días polas chuvias pero mereceu a pena. https://drive.google.com/file/d/1M5DszqN0AP8uMMZ0ZRbV3ecU9Q8Lx-W4/view?usp=drive_link