Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2024

CORNUCOPIA.

Imaxe
  A cornucopia ou corno da abundancia foi utilizada por diferentes culturas como símbolo de abundancia e  riqueza. O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria elaborou unha mesturando diferentes materiais e técnicas artísticas.

Thanksgiving

Imaxe
 Ella  falounos dunha importante celebración estadounidense: O Día de Acción de Gracias (Thanksgiving Day). O cuarto xoves de novembro, as familias reúnense arredor da mesa   para compartir unha cea na que se consumen pavo asado, puré, ensaladas, sobremesas e máis,mentres amosan o seu agradecemento por todas as cousas boas que lles sucederon ao longo do ano. En Infantil elaboraron un pavo por aula, mentres que en Primaria encheron unha árbore con follas nas que expresaron por que estaban agradecidos. https://youtu.be/XC1hVm1y01o?si=Q-KzDXkzQA6S--gJ

STORYTELLERS FOR A DAY.

Imaxe
Sabela, Noa, Álex e Nico estreáronse como padriños lectores en Inglés na actividade organizada pola biblioteca do cole. Congratulations to those brave storytellers!

World Children’s Day

Imaxe
O Día da Infancia vimos este vídeo no que se explica a importancia de non desperdiciar comida.                                    https://youtu.be/EwS2Xc2IT_0?si=h99o659T6Mjr_1nc

SCARECROW CRAFT

Imaxe
  O alumnado de Infantil practicou como dicir algunhas formas en Inglés elaborando un simpático espantallo e cantando unha canción. https://youtu.be/UKUrBHYDqAc?si=wInE1gGbqNG5GStt