Ella, a auxiliar de conversa, organizou unha divertida actividade de Halloween que se practica nos Estados Unidos : "Mystery boxes", as caixas misteriosas. Arrepiantes!
Para conmemorar o Día das Escritoras, as nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria aprenderon algúns datos sobre a dramaturga inglesa Frances Hodgson Burnett xogando a Kahoot. A continuación, escribiron sobre algúns dos feitos máis salientables da súa vida.
Este curso contaremos cunha rapaza estadounidense como auxiliar de conversa. Chámase Ella, é de Michigan e compartiu connosco información moi interesante sobre o lugar onde vive. Benvida, Ella!