Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2024

LIBROS DE INGLÉS 3º /4º EP.

Imaxe
Cando compredes os libros de Inglés para 3º e 4º de Primaria, comprobade que apareza a palabra "ESSENTIAL" diante de  "Activity Book".                                                                  

CORPIÑO WALK OF FAME

 Despois de todo o curso traballando sobre a sétima arte, non podía faltar o noso "Paseo da Fama" ao estilo do de Hollywood. Cada unha das nenas e nenos do cole elaborou cadansúa estrela; con todas elas, decoráronse as escaleiras, sinalando o camiño ata a biblioteca, onde as familias gozaron cunha visita guiada á exposición dos traballos relacionados co cinema elaborados polo alumnado. Vaia artistas ! https://view.genially.com/667896f07b14b800141e51c7/interactive-content-corpino-walk-of-fame 2

GRADUATION OF 6TH GRADE.

Imaxe
Chegou o gran día para o alumnado de 6º. Remata unha etapa e comeza outra.   Bo comenzo no instituto e ata sempre! Velaí algúns consellos para empezar en secundaria: https://youtu.be/0ozTuK43bb4?si=8SOXaNqQb2XCr2UX  

OXFORD BIG READ

Imaxe
Algunhas alumnas de 5º decidiron participar nun reto proposto pola editorial Oxford, consistente en escoller un libro desta editorial, lelo e deseñar un cartel cun breve resumo e un debuxo. O escollido foi "´Festivals", moi boa opción para irse preparando para as vacacións.

LET´S EXPLORE INDIA MURAL-

Imaxe
Ao longo deste curso aprendemos moito sobre a India:as súas tradicións, a súa comida, a súa cultura,... E tamén realizamos algúns traballos manuais inspirados neste fascinante país. Decidimos amosar todo o anterior nun mural exposto na aula de Inglés.                                                                                               

EXPLORING FILM CAREERS

Imaxe
 O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria elaborou un mural interactivo sobre profesións relacionadas co cinema empregando a ferramenta online Padlet. https://padlet.com/mariateachercorpinho/exploring-film-careers-s7f1ysmhviulz3ja