O M artes de Entroido é unha das xornadas máis festivas do calendario galego.Curiosamente, este ano, coincidiu no calendario coa celebración do Ano Novo Lunar , que en países como Vietnam , China ou Corea do Sur marca o comezo dun novo ciclo segundo o calendario lunar. Xa que Han -a nosa auxiliar de conversa- naceu en Vietnam, pedímoslle que nos explicase tradicións e costumes relacionadas con esta importantísima data. As familias xúntanse para cear, limpar a casa antes da chegada do novo ano e decorar as vivendas con cores vermellas e símbolos de boa sorte. Tamén é habitual regalar sobres con diñeiro aos nenos como desexo de prosperidade. O que máis nos sorprendeu foi un alimento moi especial que soamente se come ese día debido á dificultade que implica a súa preparación.Podedes velo neste vídeo. https://youtu.be/5TVdbr6QX8E?si=FfWjS-gaajWRMYPL Como complemento, o alumnado elaborou diferentes versións do nó da sorte , que representa a boa fortuna, a p...